O BNG denuncia o dobre pau de medir de Jácome no cobro de taxas pola ocupación do espazo público. As asociacións culturais que paguen, ABANCA non.
Os nacionalistas critican que namentras a colectivos e asociacións sen ánimo de lucro se lles esixe o pago de taxas por ocupar o espazo público, o Alcalde, a través dunha providencia, exonera a Abanca do pago.
O BNG rexistrou unha moción para o pleno do vindeiro venres no que solicitará a actualización da ordenanza reguladora das taxas por aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local, coa incorporación de exencións ao pago de taxas para as iniciativas promovidas sen ánimo de lucro
Jácome crea o Concello de Ourense S.A.D.
Non actúa como alcalde de Ourense senón como lobista, ao tempo que amosa o seu desprezo e falla total de respecto aos clubes da cidade. A última ocorrencia en materia futbolística roza o esperpento máis absoluto
Pedimos que o PP, quen obstenta as competencias en deportes, aclare se está ao tanto da operación e sobre todo se a comparte
Luis Seara: "Jácome e o PP deberán explicar porqué avalan este procedemento antidemocrático e ilegal"
"Seguimos tendendo a man ao goberno para abrir canles de diálogo co obxectivo de buscar o mellor acordo para os intereses de Ourense e do conxunto da veciñanza"
O bigoberno de Ourense aproba con aleivosía e en pleno mes de agosto a modificación de crédito de 62 millóns de euros
O Grupo Municipal nacionalista lamenta unha vez máis a falla de altura de miras do alcalde ao pecharse a calquera tipo de diálogo e negociación a respecto de dita modificación ao tempo que cuestiona o procedemento seguido
O BNG lamenta que pese ao aumento notable de visitantes, un dos grandes atractivos turísticos de Ourense, o termal, permaneza pechado e cunhas instalacións en total abandono
Lamentamos a imaxe coa que se atopan os visitantes cando se achegan ás zonas termais da cidade. Pozas pechadas, instalacións abandonadas e camiños cheos de maleza é o recordo que se levan
O BNG denuncia que Jácome está convertindo Ourense nunha cidade "zombi"
Cúmprense 200 días sen actividade cultural, namentres no resto de municipios sí se está programando dentro das limitacións existentes
BNG denuncia o desmantelamento do CIE por parte de Jácome incumplindo prodecementos e mesmo ordenanzas municipais
O Centro de Iniciativas Empresariais atópase regulado a través dunha Ordenanza polo que, segundo as fontes consultadas polo BNG, calquera iniciativa para o cambio de usos do edificio debería ser aprobada en pleno
Máxima participación e consenso, chaves do BNG para poder avanzar na ordenanza sobre o consumo de alcol na rúa
Desde a formación nacionalistas piden non criminalizar á mocidade e ofrecer alternativas de lecer ao tempo que lembran que a día de hoxe o consumo de alcol na rúa xa está prohibido