Jácome someterase á reprobación do Pleno pola compra dos “busitos” logo de que o BNG veña de formalizar dita petición
O Grupo municipal nacionalista esixirá que o Rexedor asuma a súa responsabilidade xa que entenden “é o único culpable do que está acontecendo. Desta volta non hai técnicos aos que culpar nin informes aos que aludir, foi unha responsabilidade que asumiu persoalmente e da que mesmo se gababa”