BNG de Ourense
Novas
Bernardo Varela

O BNG proporá a convocatoria dun Pleno Provincial Extraordinario ás forzas da oposición se Baltar e o PP non aclaran e asumen as consecuencias polas reiteradas sancións e uso indebido de vehículos públicos.

De non obter respostas e sen que o  Presidente asuma as responsabilidades correspondentes, solicitaremos o respaldo dos grupos da oposición para a convocatoria dun Pleno Extraordinario onde tratar en profundidade a situación e dirimir as responsabilidades de Baltar e o Partido Popular
Ler novas
Novas
Iago Tabarés e Bernardo Varela

O BNG leva ao Parlamento galego a concesión de contrartos “a dedo” da Deputación de Ourense

Iago Tabarés insta á Xunta de Galiza que non fique pasiva ante os flagrantes e reiterados incumprimentos da Deputación Provincial de Ourense que xa foron advertidos tanto por Bernardo Varela, voceiro provincial do BNG, no pleno da Deputación de Ourense como polo propio Consello de Contas de Galiza, e que provocan graves prexuízos para o sistema democrático e para unha adecuada xestión dos recursos públicos.

Ler novas
Novas

O BNG esixirá en Pleno ao Concello de Ourense o cumprimento das súas obrigas en materia de normalización lingüística

Na formación nacionalista lamentan que pese a dispór dunha Ordenanza e dun Servizo de Normalización Lingüística, a día de hoxe son papel mollado para o actual Goberno municipal. Denuncian que o Servizo de Normalización Lingüística está reducido a un servizo de tradución, esborrallando a finalidade para o que foi creado no seu día

Ler novas