BNG de Ourense
Novas

O BNG replícalle a Cabezas, “non lle ten que preguntar ao BNG senón a Rueda e a Feijóo que é o que van facer en Concello e Deputación”

Desde a formación nacionalista repróchanlle ao PP ao seu cinismo pois “Jácome é alcalde porque o PP así o quixo” ao tempo que lle piden que aclaren o seu posicionamento xa que “dependendo de quen fale dentro do PP dinse cousas distintas xa que onte Jose Luís Baltar, por boca do alcalde de Cartelle, abogaba por que goberne a lista máis votada no Concello pois hai que manter a Deputación a toda costa”

Ler novas
Novas

Néstor Rego sinala a necesidade de que o Concello de Ourense conte cun goberno municipal que defenda os intereses dos e das ourensáns frente á pasividade e o desinterese das outras administracións

O deputado do BNG no Congreso mantivo un encontro con Luís Seara e coa candidatura do BNG ao Concello nas inmediacións do túnel de Ramón Puga onde a formación nacionalista reclamou, unha vez máis, a ampliación do mesmo

Luís Seara volveu insistir na necesidade de executar canto antes tanto as obras de ampliación previstas en Ramón Puga como en Tarascón e afirmou que “a partir do domingo e cun alcalde do BNG á fronte do Concello, esixiremos o cumprimento do Convenio asinado entre o Concello e o ADIF”

Ler novas
Novas

O BNG pide que, ante a falta de dimisión de Baltar, o PP aclare se segue a ser o seu candidato a presidir a Deputación de Ourense

O deputado Iago Tabarés adianta que presentarán no Parlamento galego unha batería de preguntas para que o Goberno galego e nomeadamente o Presidente Rueda “se posicione sobre todos estes acontecementos”

Pola súa banda Luís Seara fai de novo un chamamento á veciñanza para que o domingo 28M “acoda masivamente ás urnas e vote pola rexeneración política e a decencia que representa o BNG e censure a corrupción e o caciquismo que representan PP e DO”

Ler novas
Novas

O BNG formaliza o requerimento da titular do Xulgado de Instrución nº 3 e presenta a querela para que se investigue a presunta comisión dun delito de falsidade en documento público na identificación do condutor do coche do Concello de Ourense adscrito á alcaldía e multado en Vigo

A formación nacionalista acudiu esta mañá aos Xulgados de Ourense para dar cumprimento ao requerido pola Xuíza titular do Xulgado de Instrución nº 3 no que instaba ao BNG a presentar unha querela e depositar unha fianza para poder iniciar o procedemento

Ler novas
Novas
Rhut Reza, Luís Seara, Bernardo Varela, Noa Presas e Iago Tabarés

O BNG insiste na necesidade dunha actuación rápida por parte da xustiza no referido aos audios de Jácome e fai un chamamento á veciñanza a rematar o 28M coa corrupción e o caciquismo en Concello e Deputación

Desde o BNG apelan á necesidade de que independentemente do que determine a xustiza, a veciñanza de Ourense o vindeiro 28M expulse democráticamente das institucións a quenes practican o nepotismo e empregan as institucións como se foran da súa propiedade

Ler novas

Este sitio usa cookies propias e de terceiros para desenvolver información estatística e amosar publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise da súa navegación. Mais detalles >