BNG de Ourense
Novas
Bernardo Varela durante pleno provincial setembro 2022

O BNG DEMANDA MEDIDAS URXENTES PARA QUE A LIMIA NON SEXA DECLARADA ZONA VULNERÁBEL

Bernardo Varela afirma que agricultores e gandeiros son as vítimas, xunto aos reto da veciñanza, da inacción das Consellerías e administracións competentes, que deixan de lado á maior zona de produción agrogandeira do País.

 Varela sinala que a solución inicial pasa pola adopción de medidas multidisciplinares xurdidas  da “Mesa da Limia” e recollidas no “Plan Estratéxico do Sector Agrario da Limia”

Ler novas
Novas

Luís Seara, “a Xunta terá que explicar por qué sendo Ourense a cidade na que máis medrou o emprego dixital nos últimos anos e cumprindo con todos os requisitos, opta por A Coruña como candidata a ser sede da AESIA”

Para o Portavoz municipal e candidato á alcaldía Luís Seara, “a decisión amosa de novo a falta de liderado e o escaso peso político que ten o terceiro concello do país con Jácome e Baltar á fronte"

A Xunta non pode ampararse en criterios técnicos para xustificar a súa decisión pois neste tipo de cuestións a decisión ten que ser política”

Ler novas
Novas

O BNG considera aberrante que “en plena crise económica e social” o Concello de Ourense pretenda gastar preto de 92.000 euros na carpa instalada na Praza Maior

Da análise realizada polo Grupo municipal do BNG do expediente de contratación, despréndese que este ascende a 18.388,50 euros mensuais polo que de cumprirse as previsións anunciadas en Xunta de Área deste martes de mantela até marzo de 2023, o gasto total será de 91.942,50 euros

Rhut Reza, “arrepía a lixeireza coa que o Goberno Local dilapida cartos públicos”

Ler novas
Novas
foto Noa Presas_arquivo

O BNG denuncia que os Orzamentos da Xunta para Ourense son unha nova fraude de promesas repetidas

Noa Presas, “as contas amosan que non existe proxecto para Ourense e condenan á zona do país coa inflación máis alta á miseria económica”

“É unha tomadura de pelo que con termas pechadas prometan unha sede termal en Ourense con orzamento cero, que se recorten as partidas para o Hospital e que non se impulsen centros de saúde pendentes coma o do Vinteún”

Ler novas
Novas

O BNG cuestiona as modificacións introducidas por Jácome no PXOM actualmente en trámite

Logo de ter acceso no día de onte á documentación relativa ás modificacións introducidas polo actual rexedor, desde o BNG cuestionan a viabilidade de algunhas delas pola inseguridade xurídica e os graves prexuízos económicos que poden ter nun futuro para o concello

Para os nacionalistas resulta chamativo que o alcalde asuma todos e cada un dos que no pasado consideraba “pelotazos do PP”

Ler novas
Novas

O BNG rexeita a campaña do alcalde de Ourense na que ofrece 100 euros por censarse no municipio

Luís Seara: “estamos diante dunha prácticar caciquil e claramente orientada á compra de votos con cartos públicos por parte do actual Rexedor Gonzalo P. Jácome. Os atractivos que tería que promover o Concello de Ourense para animar á veciñanza a que se cense no municipio deberan ser unha boa calidade dos servizos públicos, dinamización económica e social, programación cultural variada ou boas infraestruturas entre outras, algo que Jácome sabe que logo da súa xestión e a do PP no mandato anterior non pode ofrecer"

Ler novas
Novas

O BNG pide no Parlamento explicacións á Xunta sobre o informe da Fiscalía Provincial de Ourense relativo á situación dos centros de maiores da provincia

Segundo destaca o deputado Iago Tabarés, “aprézanse incumprimentos na alimentación, nos coidados e nas ratios de persoal sen que conste que o Executivo galego fixese absolutamente nada para corrixir tales deficiencias. O que está en xogo non é un negocio, é a atención e os coidados aos nosos maiores”

Ler novas
Novas
Bernardo Varela durante pleno provincial setembro 2022

Bernardo Varela “Os orzamentos provinciais para 2023 son unha nova oportunidade perdida para acometer un revulsivo para o que está acontecendo na provincia de Ourense”

O BNG valora negativamente os orzamentos aprobados polo Partido Popular de Baltar na Deputación de Ourense

Bernardo Varela puxo de manifesto a importante labor como reservorio de auga das presas populares, así como o seu carácter de patrimonio histórico no pleno provincial sacando adíante a proposta da súa defensa desde as institucións.

Ler novas