Novas
LUIS SEARA, Portavoz municipal do BNG

O BNG vincula o cesamento dos máximos responsables da fiscalización económica municipal ao intento do Goberno Local de tapar a grave situación económica na que se atopa o Concello de Ourense

Desde o Grupo municipal nacionalista sinalan que o obxectivo do Goberno Local co cesamento dos máximos responsables da fiscalización e o control económico do Concello “é poder tirar cara diante sen ningúen que cuestione o que se fai. Preténdese tapar a grave situación económica na que se atopa a día de hoxe o Concello de Ourense”

Ler novas
Luís seara, Rhut Reza, Xosé Manuel Puga e Erea Blanco

O BNG denuncia que a Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ourense “confirmou esta mañá o desmantelamento da maioría dos programas e servizos desta Área de Goberno”

Na Xunta de Área celebrada esta mañá, o Goberno Local confirmou que non hai ningún avance na adhesión ao programa da Xunta “xantar na casa”, que non se está a traballar na renovación do SAF, que expira en novembro, que se fecharán todas as UNIS, que se eliminarán as axudas ás entidades do terceiro sector por concorrencia competitiva e que non haberá programa de conciciación nos Centros Cívicos durante este verán

Ler novas
GFHOoyRX0AAvxZ_

O BNG pide que o Consello Municipal de Deportes se dirixa á Xunta para reclamarlle solucións ás múltiples eivas existentes no Estadio do Couto pese á reforma levada a cabo recentemente

Desde o Grupo municipal do BNG entenden que a reforma levada a cabo polo Executivo galego e no que se investiron preto de dous millóns de euros, “non resolveu as deficiencias da instalación tal e como xa advertimos no momento de coñecer o proxecto”

Os nacionalistas promoveron este venres, na reunión semanal do CMD, “a necesidade de que se lle traslade á Xunta de Galiza o descontento municipal por unha reforma moi pouco acaída, que deixa moito que desexar e que mesmo xera novos problemas que antes non había”

Ler novas
Rhut Reza, luís Seara e Erea Blanco en rolda de prensa

O BNG advirte que as reclamacións das empresas concesionarias do Concello de Ourense “superan amplamente os 25 millóns de euros”

O Consello Consultivo de Galiza certifica o avanzado polo BNG no mes de xaneiro en relación ás reclamacións económicas da concesionaria do servizo de recollida de lixo ECOURENSE e as cales ascenden a un total de 4.784.661,68 de euros entre 2022 e 2023. No ditame emitido polo Órgano Consultivo, danse por bos os argumentos esgrimidos pola concesionaria e desbótanse os da Asesoría xurídica do Concello

Ler novas
Rhut Reza, Luís Seara, Xosé Manuel Puga e Erea Blanco

O BNG censura a actitude do MITMA e do ADIF ao non reunirse co Concello de Ourense para abordar o proxecto de integración da Alta velocidade en Ourense

Desde a formación nacionalista solicitaron en reiteradas ocasións que o Concello se dirixise a ambas institucións e reclamara unha reunión da comisión de seguimento das obras. En resposta, o Goberno Local ven de facilitarlle ao BNG copia das cartas remitidas no mes de outubro e que a día de hoxe aínda non obtiveron resposta

O BNG de Ourense anuncia que a través dos seus representantes tanto no Congreso dos Deputados coma no Senado, “instaremos ao Estado para que dea unha resposta e se sente a falar co Concello de Ourense pois independentemente de quen o goberne, e desde logo o BNG non é sospeitoso de ser cómplice de Jacome, o que está en xogo é o futuro de Ourense e iso está por riba de calquera outra consideración”

Ler novas
Erea Blanco, Concelleira do BNG no Concello de Ourense

A posta a disposición da UVigo de terreos para a ampliación do Campus e o soterramento da Avda Otero Pedrayo irán ao Pleno do Concello de Ourense deste venres da man do BNG

Desde o Grupo municipal nacionalista entenden que “o Campus de Ourense é unha oportunidade para o desenvolvemento económico, social e demográfico de Ourense polo que as distintas administracións, lideradas polo Concello, deben traballar da man en defensa de toda reivindicación encamiñada á mellora dos servizos públicos e das infraestruturas”

Ler novas
Rhut Reza, Luís Seara e Erea Blanco en rolda de prensa

O BNG denuncia a cesión irregular a terceiros da explotación da cafetería do Xardín Xaponés por parte do actual adxudicatario “incumprindo flagrantemente o contrato de concesión”

Desde o Grupo municipal do BNG denuncian que “da información e dos informes técnicos aos que tivemos acceso, despréndense irregulariedades e incumprimentos do contrato que mesmo chegan á cesión irregular a terceiros da explotación do establecemento”

Na formación nacionalista pregúntanse o motivo polo que o Goberno Local non soamente non actúa para velar polo comprimento do contrato asinado senón que “valida as irregulariedades cometidas polo adxudicatario”

Ler novas