Novas
Xosé Manuel Puga, Rhut Reza, Erea blanco e Xosé Luís Seara

O peche do edificio que alberga ao CIMM é para o BNG “un novo golpe do Goberno Jácome ás persoas máis vulnerábeis do Concello”

A formación nacionalista denuncia que na Xunta de Área de Servizos Xerais e preguntado sobre as obras necesarias a acometer na sede da rúa do Ensino para erradicar a presenza do gas Radón, o Goberno Local confirmou que non se vai levar a cabo ningún investimento “pois está previsto abandonar o edificio”

O traslado do servizo á sede da Praza de San Martiño é segundo a formación nacionalista “é un paso atrás pois abandónase un edificio no que se garantía a intimidade e a confidencialidade das mulleres vítimas de violencia machista”

Ler novas
Sonia Vidal, Noa Presas e Iago Tabarés

O BNG alerta da situación de “deterioro e crise” na que se atopa a Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e urxe á Xunta a “blindar o dereito á sanidade pública”

A formación nacionalista avanza, ante “o demoledor informe de fiscalización” do Consello de Contas sobre a asistencia sanitaria en Ourense, “a presentación de iniciativas no Parlamento Galego e a intensificación das campañas de rúa cun obxectivo claro, Ourense merece unha sanidade pública ben dotada”

Ler novas
Noa Presas, deputada do BNG

O BNG reclama a cobertura inmediata das 4 prazas de pediatría no Centro de Saúde Valle Inclán de Ourense

Desde a formación nacionalista denuncian que nas últimas semanas soamente dúas das catro prazas de pediatría están cubertas, unha está cuberta con persoal de medicina xeral e outra está directamente sen cubrir. Esta situación deriva en demoras nas citas e que moitos pais e nais estean a ser derivados a profesionais que non teñen a especialidade de pediatría

Ler novas
Noa Presas, deputada do BNG por Ourense

O BNG pide á Xunta solucións ante a falta de prazas no IES Otero Pedrayo o que provoca que alumnado do CEIP Irmáns Villar queden sen elas no seu centro de referencia

Desde a formación nacionalista lembran que a ANPA do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar “ten advertido en reiteradas ocasións da falta de prazas suficientes para o alumnado que tería que iniciar a súa etapa educativa da ESO no IES Otero Pedrayo e que a día de hoxe non contan con elas debido ao insuficiente número ofertado no centro”

Ler novas
Erea Blanco, Concelleira do BNG no Concello de Ourense

O BNG levará a Pleno os incumprimento da Ordenanza de normalización lingüística e a deturpación constante do topónimo oficial do concello e da provincia

Desde a formación nacionalista sinalan que “as referencias continuas a Orense e non Ourense, contribúen moi negativamente a perpetuar unha denominación imposta durante a ditadura franquista e que a mediados dos anos noventa propiciou unha mobilización social sen precedentes e cuxo obxectivo non era outro que recuperar a oficialidade do noso topónimo lexítimo, Ourense”

Ler novas
Luís Seara, Portavoz municipal do BNG

O BNG esixe solucións inmediatas ao Goberno Local ante os impagos a parte do persoal do Concello, consecuencia “dunha situación que o propio Goberno creou e do que é único responsable”

Desde a formación nacionalista solidarízanse con todas aquelas empregadas e empregados públicos que “a día de hoxe e por culpa da incapacidade do actual Goberno Local á hora de xestionar un problema que eles mesmos crearon, non están percibindo as cantidades correspondentes ao traballo realizado”

Ler novas
Noa Presas, deputada do BNG por Ourense ás portas do CHUO

O BNG urxe á Xunta de Galiza a tomar medidas para garantir a cobertura con suficiente persoal no Servizo de Urxencias do CHUO

A Deputada Noa Presas lembra que o CHUO “actúa para moitos ámbitos como hospital de referencia para máis de 300.000 persoas de toda a provincia. Por estes motivos, é necesario que o Goberno galego tome medidas relativas á situación do Servizo de Urxencias do CHUO”

Ourense merece un Hospital de primeira e o Partido Popular estanos deixando un Hospital de campaña”

Ler novas