Novas

O BNG solicita, ante os inicios de liga en 2ª e 3ª RFEF, o reforzo das liñas de bus que van ao Complexo Deportivo de Oira os días de partido para facilitar o desprazamento dos seareiros e evitar o colapso de tráfico na zona

Ante a imposibilidade de que os clubes que empregan o Estadio do Couto poidan facer uso do mesmo debido ás obras de renovación do terreo de xogo que se están levando a cabo e que terán pechado o estadio até cando menos o mes de xaneiro de 2024, desde o BNG entenden preciso que desde o Concello se adopten todas as medidas necesarias para facilitar o desprazamento dos seareiros até o campo de Oira e poder evitar o colapso do tráfico na zona durante os días de partido

Ler novas
Imaxe aérea da cadea vella de Ourense na rúa do Progreso

O BNG propón transformar a cadea vella nun centro municipal multifuncional no que tamén teña cabida o uso termal

O Grupo municipal do BNG defenderá no Pleno deste venres, que o Concello concorra á convocatoria do Plan de axudas estatais para financiar traballos de conservación ou enriquecemento de bens inmóbeis do patrimonio histórico artístico e inxeridas dentro do programa do 2% Cultural promovido polo MITMA e cuxa convocatoria para a presentación de solicitudes remata o vindeiro 15 de outubro

Ler novas
Noa Presas, deputada do BNG

O BNG esixe unha investigación profunda sobre os motivos do descarrilamento dun tren de mercadorías en Vilamartín de Valdeorras así como a revisión da seguridade na liña Vigo - Valdeorras

A formación nacionalista, a través da deputada por Ourense Noa Presas, ven de rexistrar unha serie de iniciativas na Cámara galega co obxecto de demandar do Goberno do Estado a máxima transparencia e dilixencia nas investigacións das causas dos descarrilamentos producidos en Galiza nos últimos meses e para a realización dunha auditoría integral das vías que discorren polo territorio galego conducente a garantir a súa máxima seguridade e mantemento

Ler novas

O BNG reclámalle á Xunta de Galiza a execución total do vial de conexión entre a N-525 e Barrocás que permita mellorar os accesos ao CHUO e desconxestionar as rúas Marcelo Macías e Ramón Puga

Nestes días, a Xunta ven de presentar o proxecto de vial, de 640 metros de lonxitude, que conectará a N-525 coa avenida do Regato, “facilitando” un acceso directo que aliviará o tráfico que accede por Marcelo Macías pero que “non resolve o problema”

Segundo o BNG, “este proxecto da Xunta non é máis que un parche que obvia o principal problema existente que é o colapso da rua Ramón Puga tendo en conta que autobuses, ambulancias, vehículos que acceden a urxencias e consultas, o tráfico ordinario que vai cara Barrocás e Rairo, e os vehículos que entran e saen do aparcadoiro do Hospital, están obrigados a acceder por unha vía de un único carril en cada sentido”

Ler novas

O BNG denuncia saturación en Servizos Sociais ante a falta de previsión do Goberno Local á hora de cubrir as prazas de traballadoras sociais

Desde a formación nacionalista advirten que as listas de contratación “están caducadas polo que non se están a cubrir as vacantes por vacacións ou baixas, algo que está a provocar saturación no Servizo e que o persoal existente teña que soportar unha elevada carga de traballo”

Erea Blanco advirte que, de non atallalo antes, “esta situación vaise dar tamén a partir de setembro nas conserxerías dos colexios pois a lista de contratación creada no seu día caduca ese mesmo mes”

Ler novas

O BNG considera unha "tomadura de pelo" o anuncio do Concello de contratar a 10 persoas con titulación universitaria para labores eventuais

Desde a formación nacionalista cuestionan o procedemento de contratación e o anuncio de que este será “universal e público”

Segundo o Portavoz Luís Seara, “estamos diante dun novo paripé pois contratarase a aquelas persoas que o alcalde queira e que seguro xa ten escollido pero pretendendo dar unha imaxe de proceso aberto, universal e xusto, cando é, e témolo claro, todo o contrario”.

Ler novas

O BNG reclama que o Concello de Ourense esixa a Naturgy medidas de seguridade no encoro de Velle que eviten incidentes durante o periodo estival

Desde o Grupo municipal lembran que é habitual que se produzan incidentes con bañistas preto da zona das comportas do encoro debido ás escasas medidas de seguridade nos accesos aos pantaláns existentes na zona

Outra das demandas do BNG ten que ver coa necesidade de habilitar accesos axeitados para os equipos de emerxencia tanto no encoro como no resto da trama urbana do río Miño

Ler novas