O BNG demanda corrixir a infrafinanciación dos pequenos concellos galegos
Varela demanda da Xunta e do Estado que atendan á realidade galega para dotar aos concellos dunha financiación xusta e transparente que favoreza á poboación dos municipios de menor número de habitantes e que remate coa discriminación cara concellos galegos.
O BNG interésase no Parlamento pola nova sede da Xunta en Ourense e polos usos que se lle darán ás vellas instalacións
Faino a través dunha iniciativa rexistrada no Pazo do Hórreo e onde os nacionalistas queren coñecer os pormenores da operación de adquisición de parcelas na zona das Lagoas e os plans do Executivo galego para o edificio ocupado actualmente polo PAC
O BNG amósase radicalmente en contra da "reformulación" dos premios Cidade de Ourense e Vicente Risco anunciada polo Goberno PP-DO
Os nacionalistas califican ao actual Goberno Local como destructor de todo o que toca e que ten especial inquina coa cultura. Destacan o que significa o verbo "reformular" para este goberno, e se non que llo pregunten á UPO
Consideran positivo que se pretenda crear un novo certame dirixido á mocidade mais non a costa de destruir dous dos máis prestixiosos premios do país
O BNG pedirá un centro de saúde para a zona histórica de Ourense
Segundo os nacionalistas, dentro dos equipamentos básicos e que contribuirían a revitalizar a zona, atópase sen dúbida, a construción e posta en funcionamento dun centro de saúde
O BNG denuncia caos e descontrol no envío de notificacións a particulares para a limpeza e o desbroce de solares
Os nacionalistas denuncian que coa externalización do servizo por parte do Concello de Ourense, estanse remitindo notificacións de solares xa limpos ou aos que mesmo nos lles corresponde. Ditas notificacións incorporan ameazas de sancións
A situación está a crear un aluvión de reclamacións no Rexistro do concello, o que está a tensionar dito departamento
O BNG levará ao parlamento de Galiza o grave caso de caciquismo acontecido nos concellos da Merca, Cartelle e Ramirás
Iago Tabarés trasladará ao Parlamento de Galiza a arbitrariedade na selección de persoal nun obradoiro de emprego financiado pola Xunta de Galiza.
Ernesta Seoane e Teresa Garrido informan que o BNG presentará mocións nos tres concellos para que se explique por que se puntuaron probas non realizadas para a selección de persoal.
PP vota en contra da proposta do BNG de defensa dos produtores do sector primario galego ante os abusos dos grandes intermediarios
Bernardo Varela reclamou medidas para frear entre os produtores do sector primario a crise polo aumento dos custes de produción, e impedir os abusos de grandes intermediarios, que por vendas a perdas, pagan prezos por debaixo do valor de produción aos gandeiros e agricultores de Galiza.
O BNG oponse á privatización do servizo de recollida de lixo da Deputación provincial.
O BNG aposta polo produto galego e local desde Celanova
Iago Tabarés reivindica o comercio e os produtos locais e galegos na feira de Celanova.
"Mellor local, mellor galego" lema da campaña de apoio ao comercio local e de proximidade iniciada polo BNG
Coa campaña, o BNG tenta incentivar á veciñanza a consumir produtos galegos e no comercio local para axudar á reactivación económica e social. Destacan a capacidade do sector para xerar emprego e dinamizar as vilas e cidades