orzamentos
Novas
Xose Manuel Puga, Bernardo Varela e María Mangana

O BNG propón un modelo sostíbel que garanta o aproveitamento responsábel dos recursos naturais de Ourense.

  • Bernardo Varela advirte que  “non imos permitir que Ourense se converta nun territorio de sacrificio para o beneficio das grandes empresas foráneas mentres as nosas comarcas sofren as consecuencias ambientais e sociais”
  • A respecto das modificacións de crédito dos orzamentos provinciais  manteremos unha abstención responsábel, o que non quita que sexamos críticos coa forma de reparto e que entendamos que hai que seguir avanzando  no Plan Cooperou
Ler novas
Novas
Noa Presas, intervén no Parlamento

PRESAS: “OS ORZAMENTOS 2025 SON UN REMIX DE INCUMPRIMENTOS CON OURENSE”

Acusa ao Partido Popular de revalidar a discriminación de Ourense e deixar de lado a sanidade e a política social: nin un só euro para a xestión pública do CAPD, novas residencias de maiores ou reducir as listas de agarda máis altas de Galiza

A Xunta ponse de perfil coa cidade: promesas que xa debían ser feitos, coma o CIS ou o edificio administrativo.

Ler novas
Novas
Rhut Reza, Luís Seara, Xosé Manuel Puga e Erea Blanco

O BNG responsabiliza a Jácome e a PP da anulación do capítulo I do Orzamento municipal de 2020

No BNG lembran que durante a tramitación e debate sobre a aprobación do Orzamento municipal do ano 2020, actualmente prorrogado, e elaborado polo bipartito DO – PP, o BNG, técnicos municipais e representantes sindicais, advertiron das irregulariedades do mesmo como consecuencia de ter obviado “un acto preceptivo e obrigado como é a negociación colectiva”.

Desde o Grupo municipal do BNG tamén aclaran, en relación coa sentenza, que nun primeiro momento “o Alcalde asinou un Decreto para o seu cumprimento, Decreto que revogou días despois ao darse conta que esa decisión podía pór en risco o pagamento das nóminas das e dos traballadores municipais”

Ler novas