O BNG rexeita a campaña do alcalde de Ourense na que ofrece 100 euros por censarse no municipio
Luís Seara: “estamos diante dunha prácticar caciquil e claramente orientada á compra de votos con cartos públicos por parte do actual Rexedor Gonzalo P. Jácome. Os atractivos que tería que promover o Concello de Ourense para animar á veciñanza a que se cense no municipio deberan ser unha boa calidade dos servizos públicos, dinamización económica e social, programación cultural variada ou boas infraestruturas entre outras, algo que Jácome sabe que logo da súa xestión e a do PP no mandato anterior non pode ofrecer"