Mediados de xullo e as termas pechadas. O BNG pídelle á nova responsable de termalismo, Flora Moure, que se deixe de contos e esixa da Xunta unha moratoria na aplicación da lei galega de termalismo
Para Rhut Reza "non é admisíbel que unha semana despois de recuperar as competencias non se chantase en Santiago, diante do Conselleiro, solicitando unha moratoria que permita salvar a tempada de verán"
"O termalismo é chave para o turismo e a reactivación económica e social da cidade"
O BNG reclama unha vez máis a constitución da comisión de seguimento das obras da Praza de abastos nº 1 ante as dúbidas ao redor da execución das mesmas
Reclaman transparencia ante as modificacións do proxecto inicial, que se teña en conta a opinión das praceiras e praceiros e que se aborde tanto a accesibilidade como a reforma do rianxo
O BNG alerta da desaparición de parte da estatua de Bóveda na rúa da Barreira
Na estatua pódese apreciar a ausencia dunha serie de elementos ornamentais, nomeadamente os gromos de carballo, situados na parte superior e que son parte fundamental da mesma ao darlle sentido á escultura
A suba do recibo da luz e os anegamentos na zona histórica irán a pleno este venres da man do BNG
Intervención pública da enerxía, tarifa eléctrica galega, IVE do 4% e garantir o subministro ás familias con falta de recursos, algunhas das propostas do BNG en relación coa nova tarifa eléctrica
A renovación da rede de saneamento e a adopción de medidas que minimicen as consecuencias da chuvia na zona histórica será obxecto tamén de debate
Para o BNG a volta do PP ao Goberno Local é a "crónica dunha volta anunciada"
O PP nunca exerceu de oposición e o único que fixo ao longo de todos estes meses foi manter ao concello sumido no caos e na parálise
O BNG interésase polos plans da Xunta no Estadio do Couto e urxe a unha reforma integral da instalación
O estado de deterioro e abandono da instalación, fai necesaria unha intervención integral que garanta a seguridade, a accesibilidade e contar cunhas instalacións modernas e cómodas para deportistas, empregados e seareiros
O BNG inicia unha campaña de recollida de sinaturas contra a “aberrante e desproporcionada” suba da luz
Intervención pública da enerxía, tarifa eléctrica galega, IVE do 4% e garantir o subministro ás familias con falta de recursos, algunhas das propostas do BNG
Sen sorpresas na Xunta de Portavoces, para o BNG, "Jácome non ten o máis mínimo interese en negociar. A súa proposta é pechada, ou a tomas ou a deixas"
Para o BNG, o diálogo aberto por parte de Jácome a semana pasada e a instancia dos nacionalistas, non era real xa que 15 min. despois de convocar aos portavoces para este luns, convocaba o pleno para o mércores
O BNG pide diálogo e propón reaxustar máis de 25 millóns da actual proposta de modificación de crédito plantexada polo Goberno Local
Luis Seara: "Este modo de proceder do Goberno Local revela a súa escasa talla democrática, ao non abrir unha canle de diálogo cos grupos e non permitir achegas dos mesmos".
"Independentemente de que acepte ou non as nosas propostas, nós queremos confrontar a súa proposta coa nosa, para evidenciar que 62 millóns de euros se poden gastar doutro xeito".