O BNG urxe á Xunta a posicionarse en relación co traslado do CIMM previsto polo Concello de Ourense, traslado que pón en risco “a confidencialidade, privacidade e seguridade das usuarias”
Desde o Grupo parlamentar do BNG no Pazo do Hórreo, a deputada Noa Presas insta ao Executivo galego a dirixirse ao Concello de Ourense e ás diferentes institucións e entidades implicadas na rede de atención á violencia machista desta localidade para “abordar a necesidade de corrixir a decisión sobre o novo emprazamento do CIMM”
O BNG reclama a ampliación e mellora dos Polígonos empresarias da área metropolitana de Ourense
Faino a través dunha iniciativa parlamentaria no Pazo do Hórreo na que instan á Xunta de Galiza á ampliación dos Polígonos de San Cibrao e Pereiro, á creación dun área comercial en Paderne, á mellora da conexión viaria dos parques empresariais coa A-52, á creación dunha estación ferroviaria de mercadorías no Concello de San Cibrao das Viñas así como á posta en marcha dun plan de Transporte Metropolitano
O BNG lamenta a falta de concreción e información por parte da alcaldía no referido á supresión da ORA e sobre o accionariado do COB, pretendendo que os Grupos “voten a cegas o que o Alcalde propón”
Na Xunta de Portavoces celebrada esta mañá non se aportou ningún tipo de documentación que avale as decisións que por parte do Goberno Local se pretenden adoptar, decisións que segundo denuncia o BNG “están soamente na cabeza do Alcalde pero que non contan con ningunha base documental. Pretende que lle digamos que sí e punto”
O BNG insta á Xunta de Galiza a acelerar as reparacións necesarias na área de partos do CHUO para garantir a comodidade das mulleres usuarias
Desde formación nacionalista, a deputada Noa Presa considera necesario acelerar os traballos para “garantir a súa finalización no prazo máis breve posible e impulsar, mentres duren, as medidas paliativas necesarias para garantir a maior comodidade posible para as mulleres usuarias de forma que se priorice o cumprimento das súas eleccións e plan de parto e a súa privacidade, comodidade e seguridade”
O BNG amósase contrario ao traslado do CIMM ao entender que “non estamos diante dun Servizo municipal máis”
O Grupo municipal nacionalista considera a decisión “un paso atrás pois abandónase un edificio no que se garante a intimidade e a confidencialidade das mulleres vítimas de violencia machista”
Para o BNG, os argumentos esgrimidos polo Goberno Jácome son “unha escusa de mal pagador. Veñen de gastar máis de 300.000 euros na celebración do Entroido, un evento que se celebra durante cinco días e agora choran por investir en saúde e seguridade preto de 200.000”
O Concello ven de iniciar os trámites para o rescate da cafetería do Xardín Xaponés, o que demostra, segundo o BNG, “que tíñamos razón cando denunciamos a situación irregular da concesión”
Así consta nun Decreto do pasado 5 de abril, apenas tres días despois de que o Grupo municipal nacionalista denunciase públicamente a cesión irregular a un terceiro da explotación por parte do adxudicatario e logo de que ese fose o motivo polo cal se rescatou a concesión no ano 2018
Preguntado na Xunta de Área, o Concelleiro delegado amosou descoñecer o procedemento iniciado o que, segundo o BNG, “obedece a dúas posibilidades, ou ben o Goberno Local nos minte deliberadamente ou ben as e os Concelleiros delegados non coñecen os asuntos que son da súa competencia”
O peche do edificio que alberga ao CIMM é para o BNG “un novo golpe do Goberno Jácome ás persoas máis vulnerábeis do Concello”
A formación nacionalista denuncia que na Xunta de Área de Servizos Xerais e preguntado sobre as obras necesarias a acometer na sede da rúa do Ensino para erradicar a presenza do gas Radón, o Goberno Local confirmou que non se vai levar a cabo ningún investimento “pois está previsto abandonar o edificio”
O traslado do servizo á sede da Praza de San Martiño é segundo a formación nacionalista “é un paso atrás pois abandónase un edificio no que se garantía a intimidade e a confidencialidade das mulleres vítimas de violencia machista”
O BNG interésase no Parlamento galego polos avances no proxecto avalado pola Xunta de plantar 10.000 árbores no Concello de Ourense
Desde a formación nacionalista lembran que esta foi unha das escasas iniciativas que o Alcalde trasladou ao Presidente da Xunta e que este manifestou a súa conformidade coa proposta, considerando que mesmo podería ser unha “experiencia piloto” a estender a outras cidades de Galiza
O BNG alerta da situación de “deterioro e crise” na que se atopa a Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e urxe á Xunta a “blindar o dereito á sanidade pública”
A formación nacionalista avanza, ante “o demoledor informe de fiscalización” do Consello de Contas sobre a asistencia sanitaria en Ourense, “a presentación de iniciativas no Parlamento Galego e a intensificación das campañas de rúa cun obxectivo claro, Ourense merece unha sanidade pública ben dotada”