O BNG entende que coa rutura das negociacións para unha moción de censura no Concello de Ourense por parte do PP “certifícase o que dixemos desde o comezo, o PP fixo un paripé pois nunca quixo censurar a Jácome”
Desde a formación nacionalista reiteran que na reunión do pasado vinte de xuño, “a sinatura do BNG para a moción de censura quedou escrita nun documento agardando polas outras trece, sete do PP e seis do PsdeG-PSOE”
“O PP xa non engana a ningúen. Quen acusa aos demais de pór liñas vermellas, resulta que rompe as negociacións porque o que quere é a Alcaldía do Concello de Ourense”