Novas
Iago Tabarés e Rubén García acompañados de compañeiros do BNG do Pereiro ás portas da Xunta 18.07.24

O BNG do Pereiro de Aguiar rexista na Xunta centos de sinaturas reclamando melloras sanitarias no Centro de Saúde do municipio

A formación nacionalista levou a cabo unha intensa campaña na que, segundo o Portavoz municipal Rubén García “percibimos como a veciñanza do Pereiro reclama máis servizos nun Centro de Saúde que non cubre todas as necesidades e que cómpre reforzar”

O deputado Iago Tabarés lembrou que “a pesares do gasto efectuado e dos múltiples anuncios realizados, o Centro de Saúde non supón un incremento na carteira dos servizos sanitarios que recibe a veciñanza do Pereiro de Aguiar”

Ler novas
Avelino Fernández, Roberto Quiroga, Bernardo Varela, María Albert, Secundino Fernández, Manuel Agra

O BNG demanda a mellora das infraestruturas viarias da comarca de Valdeorras

María Albert  “o BNG ven demostrando o compromiso coas comunicacións da comarca de Valdeorras  independentemente de quen gobernarse nas diferentes administracións, as cales se esquecen  da comarca de Valdeorras”

Secundino Fernández “cos acordos que acadamos o BNG no Parlamento galego conseguimos que se comecen a por prazos para abordar a reforma da OU-533 , uns acordos aos que estaremos moi vixiantes ”

Bernardo Varela “O illamento nas comunicacións ten sido un lastre importante no despegue económico e social das terras de Valdeorras,  xa que boa parte dos motores económicos dependen en boa medida  da capacidade de desprazamento  viario de mercadorías e bens de consumo”

Ler novas
Xose Manuel Puga, Bernardo Varela, María Mangana

VALORACIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BNG DE OURENSE NA DEPUTACIÓN DE OURENSE DO PRIMEIRO ANO DO MANDATO 2023/2027

Bernardo Varela “A falta de maioría absoluta do PP levouno a cesións en algún dos puntos que históricamente viña reivindicando o BNG na Deputación Provincial de Ourense, con todo dende o BLOQUE entendemos que é preciso dar un salto nas políticas que se veñen desenvolvendo se se quer retomar o pulso das Comarcas Ourensás, e que este territorio non siga na súa longa noite de Pedra, provocada por anos de políticas clientelares do Partido Popular.”

Ler novas
Piscinas de Vilamarín co vaso adicado ás crianzas ciberto de terra

O BNG denuncia o peche da piscina infantil do Concello de Vilamarín “deixando ás crianzas do concello sen este espazo de lecer durante todo o verán”

Desde o Grupo municipal nacionalista solicitarán explicacións ao Goberno local de porqué motivo foi clausurado o vaso para as crianzas xa que segundo sinalan, “estamos diante dun atranco máis para as familias de Vilamarín que ademais de ver como quedan sen atención pediátrica durante o verán, agora tamén quedan sen un espazo de lecer e esparcemento como é a piscina municipal”

Ler novas
Xosé Manuel Puga, Gabriel Alberte

O BNG consegue a legalización do pantalán de Laias e esixe a retirada do valado que lle restrinxe o acceso á veciñanza

Xosé Manuel Puga “As accións do BNG levaron á legalización do pantalán de Laias, previo pago da sanción e agora esiximos o que afirma a confederación hidrográfica, que ahí hai un paso de servidume e que o valado do pantalán ten que ser retirado.”

Gabriel Alberte “O PP de Cenlle negouse a actuar para legalizar o pantalán e negase a actuar para eliminar as restricións de paso da veciñanza ao pantalán.  Para o PP sempre prevalecen os intereses privados antes que os intereses públicos.”

Ler novas
LUIS SEARA, Portavoz municipal do BNG

O BNG solicita unha Xunta de Portavoces para abordar a adxudicación do Servizo de transporte público logo dos compromisos adquiridos polo Concello de Ourense na Comisión sobre transporte metropolitano da Deputación

Desde o Grupo municipal do BNG entenden necesario que o Goberno Local aporte toda a información sobre os pregos en redacción e sobre as intencións do Executivo local xa que, “estamos a falar dun servizo de enorme relevancia para a veciñanza e no que todos e todas podemos aportar”

Ler novas
Xosé Manuel Puga, Erea Blanco, Luís Seara, Rhut Reza

O BNG entende que coa rutura das negociacións para unha moción de censura no Concello de Ourense por parte do PP “certifícase o que dixemos desde o comezo, o PP fixo un paripé pois nunca quixo censurar a Jácome”

Desde a formación nacionalista reiteran que na reunión do pasado vinte de xuño, “a sinatura do BNG para a moción de censura quedou escrita nun documento agardando polas outras trece, sete do PP e seis do PsdeG-PSOE”

O PP xa non engana a ningúen. Quen acusa aos demais de pór liñas vermellas, resulta que rompe as negociacións porque o que quere é a Alcaldía do Concello de Ourense”

Ler novas