Novas
Xosé Manuel Puga, Erea Blanco, Luís Seara e Rhut Reza

O BNG reitera o seu compromiso coa moción de censura contra Jácome e entrega a súa sinatura a PP e PSOE para efectivizala

Desde o Grupo municipal nacionalista insisten na necesidade de non xerar “falsas expectativas” e de non “facerlle perder o tempo á xente”. Igualmente reiteran que a “única condición é que o candidato/a sexa do PsdeG-PSOE” e non se opoñen a que o PP forme parte do futuro Goberno Local

O Portavoz municipal Luís Seara advirte que “este tren non volve pasar, ou é agora, ou non será”

Ler novas

O BNG abandona a Xunta de Área ante a incomparecencia do Director Xeral de RRHH pese a ter solicitado por Rexistro a súa presenza

O Portavoz municipal do BNG e membro da Xunta de Área de Admon. Xeral e Loxística, Seguridade e Mobilidade, abandonou a reunión diante do que considera “unha falta de respecto e unha tomadura de pelo”.

A formación nacionalista solicitara vía Rexistro o pasado día 10 a comparecencia do Director Xeral de RRHH para que dera conta das consecuencias da sentenza que obriga ao Concello ao despedimento de todo o persoal contratado en base ao capítulo I do Orzamento de 2020

Ler novas
Copia de Copia de Copia de Moción BNG

O BNG solicita a restitución no Estadio do Couto dos monumentos homenaxe a Lito e a C.D. Ourense retirados durante as obras de reforma así como a creación dun museo na honra ao club vermello

Luís Seara aclara que “estamos diante dunha decisión que lle corresponde á Xunta, máis entendemos que o Concello, a través do CMD, ten que ter a capacidade de interpelar ao Goberno galego”

Consideramos que tanto Lito como C.D.Ourense forman parte da historia do fútbol ourensán, polo que urximos á Xunta a que restitúa os monumentos erixidos no seu día no Estadio do Couto”

Ler novas
Noa Presas, deputada do BNG por Ourense

O PP veta no Parlamento a petición do BNG dun informe a Competencia sobre as consecuencias para o SERGAS da absorción do Centro Médico El Carmen e do Hospital COSAGA

Noa Presas recorda que o Consello de Contas “advertiu xa antes da compra dos hospitais do Carmen e COSAGA dos riscos de oligopolio e de que non hai soportes contractuais nas derivacións á privada”. O BNG advirte de que pode haber suba de prezos e prácticas de monopolio e lamenta que o PP “diga non a Ourense, non á sanidade pública e non ao Consello de Contas”

Ler novas
NOA PRESAS, deputada do BNG

O BNG cualifica de “escándalo” o atraso nas obras do Centro de Discapacidade (CAPD) e pedirá explicacións no Parlamento galego

En resposta escrita ao BNG, a Xunta escusa o incumprimento da promesa de finalización en xaneiro de 2024 “na choiva”, feito que as nacionalistas consideran “un insulto á intelixencia”.

Noa Presas esixe que se aceleren as obras e garantías na xestión pública e directa “para evitar privatizacións como a do Centro de menores de Montealegre”

Ler novas