concello
Novas

O BNG advirte das gravísimas consecuencias económicas que terá para o Concello de Ourense o paso de Jácome pola alcaldía

Para os nacionalistas, os expedientes de xeración de crédito para a execución de 34 obras nos que acaba de “desistir”, son unha trampa máis que evidencian a núla capacidade de xestión do actual rexedor, quen nunha fuxida cara adiante, segue a anunciar e a iniciar obras sen ter consignación económica para pagalas co que iso suporá no futuro para as arcas municipais

Ler novas
Novas
OL18C4F3_205932

O BNG alerta da precaria situación na que se atopa o Parque de Bombeiros do Concello de Ourense

No BNG denuncian que a día de hoxe o Parque está sen vehículos para o rescate en altura ao estar os dous camións escada inoperativos, co risco que iso supón en caso de emerxencia

Desde a formación nacionalista tamén denuncian que entre outras deficiencias, o concello ten sen cubrir o posto de Xefe do Parque, non existen regulamento de réxime interno ou programa de formación continua, por non falar do estado das instalacións

Ler novas
Novas

O BNG congratúlase de que a oposición “abortara” a enésima cacicada de Jácome

A formación nacionalista denuncia que unha vez máis, o Goberno Local emprega o troceamento de contratos para dilapidar cartos públicos evitando o concurso público e a concorrencia

Os de Luís Seara denuncian que á reunión do Consello Reitor deste xoves van tres facturas relativas ao mesmo concepto, a emisión dunha revista sobre o deporte no concello que nin tan sequera foi encargada e xestionada polo Consello Municipal de Deportes e cuxo importe sen trocear ascende a 59.375,01 euros

Ler novas