O BNG acada o acordo unánime de PP e PSOE na Deputación de Ourense para demandar que o sector bancario garanta unha atención digna aos seus usuarios, interpelando a Xunta e Goberno do Estado para por en marcha os mecanismos necesarios
O terceiro punto de acordo insta a rectificar a política de subvencións á instalación de caixeiros automáticos por parte do goberno da Xunta, xa que provoca unha falsa sensación de mantemento dos servizos, ó tempo que prima a substitución de oficinas por caixeiros automáticos en Concellos onde estas funcionaban.
O BNG pide que o Centro de menores de Montealegre volva á xestión pública
A formación nacionalista rexistra iniciativas para, aproveitando que o procedemento de nova contratación privada vén de decaer por "chapuza" da Xunta, instar a rectificar e que se retorne á xestión pública directa e se vele polos dereitos dos e das traballadoras actuais
O BNG interésase no Parlamento pola nova sede da Xunta en Ourense e polos usos que se lle darán ás vellas instalacións
Faino a través dunha iniciativa rexistrada no Pazo do Hórreo e onde os nacionalistas queren coñecer os pormenores da operación de adquisición de parcelas na zona das Lagoas e os plans do Executivo galego para o edificio ocupado actualmente polo PAC
O BNG pedirá un centro de saúde para a zona histórica de Ourense
Segundo os nacionalistas, dentro dos equipamentos básicos e que contribuirían a revitalizar a zona, atópase sen dúbida, a construción e posta en funcionamento dun centro de saúde
O BNG presenta emendas aos orzamentos da Xunta para compensar a Ourense
Presenta unha batería de emendas por valor de 50 millóns de euros para compensar a Ourense polas promesas incumpridas de Feijóo e a política destrutiva do goberno PP - Jácome
Prioriza o reforzo sanitario esixindo novos centros de saúde e especialidades para o CHUO e o desenvolvemento económico garantindo recursos para termalismo, rexeneración dos ríos e impulso da zona histórica
O BNG inicia unha ofensiva institucional contra a suba do recibo da auga que prepara a Xunta
Presentarán mocións tanto nos concellos como na Deputación para esixir a retirada do anteproxecto de Lei de mellora do ciclo integral da auga anunciado polo goberno galego
O BNG cualifica os orzamentos da Xunta como un novo golpe para Ourense
Noa Presas afirma que a Xunta “desenténdese de Ourense e dos problemas que causa o PP co pacto Baltar-Jácome-Feijoo castigándonos con ideas repetidas e sen propostas para xerar emprego e fixar poboación”.
Para o BNG “volve ser o orzamento das ausencias: nin un só euro para débedas históricas como construír un centro de saúde no Vinteún”
Luis Seara: "dicimos alto e claro, residencia sí, pero queremos garantías e a día de hoxe non existen"
"O que pretende o PP é xustificar os seus reiterados incumprimentos con Ourense botándolle a culpa aos demais". Que foi da promesa de Feijóo de 2017 de construir unha residencia pública en Ourense?"
"Nós demos o voto favorable a unha moción o 4 de decembro de 2020, vinculada ao cumprimento de 2 premisas, ningunha das dúas cuestións está resolta, por máis que se empeñen en dicir o contrario".
O BNG leva ao Parlamento galego o colapso do CHUO
Noa Presas pide á Xunta que reabra camas, reforce atención primaria e contrate máis persoal para garantir un correcto funcionamento das urxencias